Mercado artesanal en Cambados

Nos próximos 13 e 14 de agosto, a vila de Cambados acollerá o Mercado da Imaxe, unha iniciativa promovida polo Concello e Lobishome Producións que encherá a Praza de Fefiñáns de postos de todo tipo pero con un ingrediente común: a aposta por productos caracterizados por unha presentación especialmente coidada. Entre algúns dos obxectos que os visitantes poderán adquirir haberá artesanía de todo tipo, como arte , fotografía, libros, alimentación ou ilustración, pero tódolos productos foron seleccionados en base a un deseño gráfico chamativo e orixinal.

Segundo explicou Antón Mascote, da productora que organiza ó evento, a súa vertente "máis virada cara a estética" diferencia a este mercado da Feira dos Oficios que xa se celebrou o mes pasado no municipio. Ademáis, para contrarrestar o posible efecto disuasorio das altas temperaturas que se esperan nesta fin de semana, os postos estarán abertos tamén pola noite, para o que se dotará a praza dun alumeado especial.


Fuente: Diario de Pontevedra


Fecha: 13/08/2016 00:00 - 14/08/2016 00:00