Arco-Ponte: Única ponte en forma de arco que se conserva das catro que antigamente existían na praza. Eran utilizadas polos nobres do pazo para desprazarse polas distintas dependencias do conxunto, ou para acceder á parte privada que posuían na igrexa de San Bieito.
En 1843, tómase a decisión de tirar eses arcos porque, segundo din, interrompían o paso do mercado semanal que alí se celebraba, así como á xente que viaxaba a cabalo ou aos carros cargados de leña. O responsable desta decisión foi Javier de Zárate y Murga, Marqués de Montesacro.