Casa Ricoi - Museo Etnográfico e do Viño: Antiga casa reitoral do s. XVI, pasa a formar parte da Rede de Museos do Concello de Cambados en 2001, sendo o primeiro museo desta temática en Galicia, e un dos primeiros en España. O museo componse de dous edificios, a antiga casa reitoral, onde atopamos información sobre a historia do viño, e mediante unha pasarela de cristal adentrámonos na nova edificación coa sala de viticultura, a sala de investigación, a sala de vinificación... tamén dispón dunha sala de exposicións temporais onde ademais teñen lugar distintos cursos ao longo do ano, como os da UNED no verán, e no exterior, podemos ver a mostra escultórica de arte contemporánea "Loureiro", formada por unhas grandes copas de viño en pedra, obra do escultor Manolo Paz. Tamén conta con biblioteca e tenda.