O 16 de xullo, é o día do Carme, patroa de todos os mariñeiros, polo que é unha data moi sinalada nesta vila pola gran presenza deste colectivo. Cómpre destacar especialmente a procesión marítima, na que multitude de embarcacións ataviadas para a ocasión acompañan á virxe no seu percorrido pola ría. Nestas datas celébrase igualmente a Exaltación Gastronómica da Vieira, que tras once anos de celebración foi declarada en novembro do 2013 Festa de Interese Turístico Galego, onde poderemos degustar todo tipo de pratos elaborados con este marisco, un dos máis aprezados e afamados da nosa ría.