Cambados ten todo preparado para a celebración da Festa de Exaltación da Vieira, que se inaugurará este venres día 15 e prolongarase durante toda a fin de semana.
Como novidade deste ano, 17 establecementos hostaleiros súmanse á carpa gastronómica que estará instalada no Paseo da Calzada.
Sete taperías, catro restaurantes e cinco bares terán un cartel identificativo que os inclúe nesta iniciativa.
Os locais servirán de tapa de forma gratutita aos seus clientes as vieiras que lles foron cedidas por parte do Concello para integrarse na dinamización do evento.
A carpa gastronómica do Paseo da Calzada estará aberta todos os días desde a unha ás cinco da tarde e desde as sete e media ata peche con prezos alcanzables para todos os petos.
Ademáis, en colaboración directa con Guimatur tamén haberá rutas guiadas o venres ás sete da tarde e o sábado ás sete e media. Para participar só hai que inscribirse na caseta da asociación turística que estará colocada xusto á beira da carpa.
Concello, Confraría de Pescadores e a empresa Porto de Cambados traballan un ano máis conxuntamente para celebrar con éxito unha festa gastronómica xa consolidada.