Museo Casa del Pescador - CAMBADOS

Museo Casa do Pescador: Antiga casa mariñeira, coñecida popularmente como casa Jovita, foi reformada na súa totalidade e desde setembro do 2005 alberga o museo Casa do Pescador, pasando a formar parte da Rede de Museos do Concello.

Nel, atopamos artes de pesca e marisqueo, información do día a día dun mariñeiro, así como dos seus costumes, e como eran as súas casas, os elementos de construción, distribución, etc.

Tamén podemos atopar información sobre as especies que se capturan na zona.

Os contidos da casa museo están distribuídos entre a zona de exposición, os sistemas de información interactiva a través das pantallas táctiles e distintos vídeos explicativos sobre o mar na ría de Arousa, o marisqueo, e o mar en Cambados.

Características de Museos e centros de interpretación

  • Centrico Si
  • Horario de apertura ao público Horarios 15 XUÑO – 15 SETEMBRO. De martes a sábado: de 17:00 a 20:00 h. -- 16 SETEMBRO – 14 XUÑIO. De martes a sábado: de 10:00 a 14:00 h E de 16:30 a 19:30 h. Domingo: de 10:00 a 14:00 h. TODO O ANO.
  • Dia non visitable Luns
  • Accesibilidade para discapacitados Si